top of page

Ecos da Comarca, acreditado co Selo de Medio Dixital Galego

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Xa somos 18 cabeceiras que formamos parte de NRede, o rexistro posto en marcha polo Colexio de Xornalistas


Ecos da Comarca/Xeral

NRede, o rexistro posto en marcha polo Colexio de Xornalistas para garantir o traballo xornalístico das cabeceiras dixitais e facilitar o seu recoñecemento, chega xa aos dezaoito medios acreditados. Coas novas incorporacións de Ecos da Comarca, Ferrol360 e O Tinteiro xa están representadas todas as provincias e cidades galegas, ademais de distintas vilas. Os medios interesados seguen a poden solicitar a súa inscrición, gratuíta para colexiados e colexiadas. 

NRede, o Rexistro de Medios Dixitais Galegos, foi posto en marcha en febreiro de 2023 polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia para pór en valor os medios dixitais galegos fronte á aparición de espazos na rede que tentan facerse pasar por xornalísticos sen selo. NRede ofrece á cidadanía a garantía de que a información á que está tendo acceso é froito dun traballo profesional e respecta a deontoloxía do xornalismo, distinguíndoa así doutro tipo de contidos dixitais. Igualmente, pretende servir de axuda para que estes medios teñan máis argumentos para o acceso a subvencións públicas ou para acreditarse en determinados eventos. As cabeceiras incluídas en NRede contan cun selo que poden visibilizar nas súas páxinas web, ademais de apareceren na web do rexistro.

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Nos últimos meses, foron acreditados co Selo de Medio Dixital Galego as cabeceiras Ecos da ComarcaFerrol360 e O Tinteiro, que acompañan así a La Alacena RojaGalicia ConfidencialGaliciapressGCDiarioGCienciaLugo XornalMundiarioPontevedra VivaPraza PúblicaTempos DixitalXornal da MariñaXornal de BueuXornal da CoruñaXornal de Lemos e Xornal de Vigo, que xa estaban inscritas en NRede. En total, son 18 xa os medios galegos que forman parte de NRede, con representantes do mellor xornalismo dixital que cobren información desde as sete cidades galegas, ademais de desde comarcas como A Mariña, o Deza ou Lemos. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Os medios que soliciten formar parte de NRede e cumpran os requisitos serán recoñecidos co selo de Medio Dixital Galego, que poderán visibilizar nas súas páxinas web de cara a se identificar como un espazo de comunicación con contidos xornalísticos, así como para facilitar a súa acreditación ou acceso a axudas públicas.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O Colexio rexistraraos nun listado de libre acceso para consulta da cidadanía e solicitará á Xunta de Galicia a súa inclusión na Guía da Comunicación editada pola administración autonómica. A inscrición é gratuíta para colexiados e colexiadas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page