Dúas persoas trasladadas tras un accidente entre dous coches en Melide
- ecosdacomarca

- hace 11 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Uns minutos antes das 23 horas de onte, xoves, o 112 Galicia foi alertado por un accidente de tráfico na localidade de Melide.

PUBLICIDADE
Tratouse dunha colisión entre dous coches na estrada AC-840 xunto ao cruce da Avenida de Toques Friol.
PUBLICIDADE
Ata o lugar desprazouse Protección Civil de Melide e tempo despois, unha ambulancia e a Garda Civil de Tráfico. Os condutores de ambos vehículos foron trasladados ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Melide.








Comentarios