top of page

Dúas persoas foron trasladadas tras un incendio

Ecos da Comarca/Xeral

O 112 Galicia recibiu os primeiros avisos por este incendio uns dez minutos antes das 11:00 horas. Tanto varios veciños do bloque, como algún particular desde a rúa, empregaron o número único de emerxencias para informar de que saía fume dun edificio na rúa de Xoana Nogueira. Ademais, podía haber algunha persoa afectada e xente sen ser capaz de saír ao exterior.

Incendio de Hoxe. Fonte: Bombeiros de Santiago de Compostela
Incendio de Hoxe. Fonte: Bombeiros de Santiago de Compostela

Con esta información, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santiago e aos de Ordes, ao GES de Brión e á Policía Nacional e á Local.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os servizos de extinción lograron controlar o incendio e extinguilo, aínda que ardeu por completo o primeiro andar e o resto do edificio veuse afectado polo fume. Ademais, rescatouse a dúas persoas e a un can do inmoble. Os dous implicados foron atendidos polo persoal sanitario e trasladados logo de inhalar fume durante o incendio.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page