Dúas persoas foron atropeladas na localidade de Melide
- ecosdacomarca

- hace 9 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Dúas persoas foron atropeladas onte, xoves, a última hora da tarde na localidade de Melide. O 112 Galicia foi alertado escasos minutos das 9 da noite.

Unha parella estaba cruzando por un paso de peóns cando foron atropelados por vehículo. Ocorreu na estrada N-547 onda o Cantón de San Roque.
PUBLICIDADE
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, Protección Civil de Melide, Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.
PUBLICIDADE
A parella tivo que ser trasladada en ambulancia a un centro sanitario de Santiago.








Comentarios