Dúas persoas feridas nun accidente entre tres vehículos en Santa María de Melide
- ecosdacomarca

- hace 10 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este martes produciuse un novo accidente en Santa María de Melide. O 112 Galicia foi alertado ás 18:45 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia e Protección Civil deste municipio, tratouse dunha colisión entre dous vehículos, dous coches e unha furgoneta, na N-547 a altura do quilómetro 50 nesta parroquia melidense.
PUBLICIDADE
Como consecuencia resultaron feridas dúas persoas. Unha tivo que ser trasladada en ambulancia e outra foi atendida no punto.
PUBLICIDADE
Foron mobilizados Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil deste municipio. Tamén foron informados os Bombeiros de Arzúa. Houbo importantes retencións de tráfico.








Comentarios