top of page

Dúas persoas feridas nun accidente en Silleda

13 sept 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

Esta mañá rexistrouse un accidente a poucos metros da saída da localidade de Silleda, en concreto, na N-525 dirección Santiago. Ocorreu uns minutos antes das 9:30 horas e no mesmo, segundo como informou o 112 Galicia, víronse implicados dous vehículos.

Foto arquivo.

Foi Urxencias Sanitarias o que alertou ao 112 para indicarlles que había feridos. Inmediatamente, o 112 mobilizou á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Deza e ao Servizo de Mantemento de Estradas.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Persoal de mantemento da estrada indicounos que había dúas persoas feridas que foron atendidas nas ambulancias", apunta o 112.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page