Dúas persoas atrapadas tras unha colisión frontal en Ourense
- ecosdacomarca

- hace 11 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Na mañá deste luns, temos que dar conta dun accidente frontal entre dous vehículos na N-120, á altura do quilómetro 567.

O aviso chegou ao 112 Galicia ás 08:30 horas a través da chamada dun particular, que alertaba dunha colisión entre dous turismos que interrompían parcialmente a circulación na vía. Minutos despois, outro alertador indicaba que había varias persoas feridas e que, probablemente, algunha delas podería estar atrapada.
Publicidade
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizáronse aos Bombeiros de Ourense, así como aos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
PUBLICIDADE
Unha vez no lugar, os bombeiros confirmaron que se trataba dunha colisión frontal entre dous vehículos e que foi necesario empregar material de excarceración para liberar a dúas persoas, unha de cada turismo. Pola súa banda, o persoal sanitario indicou que tiveron que atender a tres persoas.








Comentarios