Dúas nenas feridas logo de ser atropeladas por un turismo
- ecosdacomarca

- 25 feb
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
As dúas nenas foron evacuadas polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Sucedeu dez minutos antes das seis e media da tarde de onte. Un particular contactaba, a esa hora, co 112 Galicia para informar de que un coche atropelara a dúas nenas na rúa do Restollal, en Santiago de Compostela. No seu relato indicaba que as dúas feridas estaban totalmente accesibles pero que o coche interrompía a circulación.
Publicidade
Desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e tamén foron informados os Bombeiros da cidade e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA








Comentarios