top of page

Dúas mulleres sofren lesións causadas por un touro en Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Esta mañá produciuse un incidente na Central Agropecuaria de Galicia de Silleda cun touro. Dúas mulleres resultaron feridas a causa dunha caída provocada por este animal.

Foto de arquivo da central.
Foto de arquivo da central.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

"Esta mañá dúas gandeiras presentes na Central Agropecuaria de Galicia achegáronse a un touro de raza Cachena con cornos de grandes dimensións que estaba na nave de vacas debidamente ubicado e amarrado no seu box. Na inspección que fan os veterinarios e a organización non detectaron nada no comportamiento do animal, pero ao achegarse as mulleres por un pasadizo ubicado entre os boxes, enganchounas cos cornos polos chaquetóns e tirounas ao chan, causándolles algunhas lesións", explican dende a central agropecuaria.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, indican que as feridas foron ao centro médico polo seu propio pé, nun taxi facilitado pola Centra Agropecuaria. A unha delas, que volveu á Central na mesma mañá, indicáronlle no PAC que volverá mañana ao médico para facer unha exploración máis profunda. Á outra muller indicáronlle que debía ir ao seu hospital de referencia para que a mirasen, polo que marchou, en vehículo propio.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"O touro, debido ao comportamento, foi eliminado do proceso de subasta para que se fixera cargo o seu propietario", indica a central.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page