Dúas mulleres feridas tras chocar co seu coche contra dous postes en Piloño
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Dúas mulleres resultaron feridas hoxe, mércores, tras sufrir un accidente no municipio de Vila de Cruces. O 112 Galicia foi alertado ás 12:15 horas.

Tal e como informa o 112 e Emerxencias Lalín o suceso ocorreu na coñecida como recta de Piloño, nesta parroquia cruceña e á altura do quilómetro 24. O coche no que viaxaban saiuse da vía e acabou impactando contra dous postes da luz.
PUBLICIDADE
Unha das mulleres sufriu feridas leves e outra estaba pendente de valoración, polo que as dúas foron trasladadas nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias ata o hospital Clínico de Santiago.
PUBLICIDADE
Ademais de Urxencias Sanitarias e Emerxencias Lalín, ao lugar foron mobilizados tamén Protección Civil de Vila de Cruces e a Garda Civil de Tráfico.









Comentarios