Down Lugo asina un ano máis un convenio con Agolada para a inserción laboral de Luis Sarandeses
- ecosdacomarca

- 12 abr 2022
- 1 Min. de lectura
O veciño de Borraxeiros desempeña no Consistorio o posto de pegador de carteis durante tres meses
Ecos da Comarca/Agolada
O Concello de Agolada e a Asociación Down Lugo asinan un ano máis un convenio de colaboración para a inserción laboral de Luis Cristóbal Sarandeses. O obxecto desta acción é facilitar o proceso de inserción socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual do Servizo Emprego con Apoio, que desenvolve a entidade Down Lugo. A colaboración con esta administración local xa comezou no ano 2014.

Sarai Lodeiro e Fran Varela, técnicos da Asociación Down Lugo, desprazáronse este luns ata o Concello de Agolada. Foron recibidos polo propio Sarandeses que lles ensinou o seu lugar de traballo e tamén lles presentou aos seus compañeiros. Despois tivo lugar a sinatura do convenio. Lodeiro agradece unha vez máis esta colaboración, destacando que Agolada sempre foi un exemplo de como as administracións públicas deberían ser as primeiras en contribuír á inclusión social das persoas coa Síndrome de Down e/ou outras discapacidades intelectuais.
Luis Cristóbal Sarandeses Galego ten 30 anos e é natural do Barrio do Carme, na parroquia de Borraxeiros. Empezou a traballar, deste volta, a finais de marzo e desempeñará, igual que o ano pasado, o posto de pegador de carteis. Estará durante tres meses a xornada parcial. “Estou moi contento de traballar aquí”, apunta Sarandeses.






Comentarios