Dous lumes forestais na parroquia melidense de Golán afectan a 4,08 hectáreas
- ecosdacomarca

- hace 1 minuto
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Dous lumes forestais afectaron nas últimas horas á parroquia de Golán, no municipio de Melide. Calcinaron algo máis de catro hectáreas. Todo parece indicar que foron provocados por un raio debido á forte tormenta de onte.

PUBLICIDADE
Segundos os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural un dos lumes comezou ás 19:35 horas de onte, sábado 10 de xullo, e quedou extinguido ás 6:03 de hoxe, domingo. Nas labores de extinción participaron 3 axentes, 4 brigadas, 4 motobombas e 1 pá. Neste caso afectou a 0,7 hectáreas.
PUBLICIDADE
Mentres, un segundo lume inicíabase ás 20:18 horas de onte e tamén quedou extinguido ás 6:03 horas de hoxe. Calcinou 3,38 hectáreas. Participaron para a súa extinción 2 axentes, 3 brigadas e 4 motobombas.
PUBLICIDADE
"Parece que comezou cun raio... Eu ía en coche pola estrada nacional pasando Arzúa e caeu un raio nesa zona e ao minuto, xa na saída, comezou a verse o lume polo que xa chamei ao 085", sinala a este medio un veciño da zona. Dende a Consellería de Medio Rural consideran tamén que a causa máis probable do incendio fose un raio, aínda que, polo momento, non existen probas concluíntes que o acrediten.









Comentarios