top of page

Dous incendios forestais en menos de 24 horas no municipio de Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

En menos de 24 horas rexistráronse dous incendios forestais no municipio de Silleda: un en Escuadro e outro en Refoxos.

Foto arquivo.

Segundo os datos faciliados pola Consellería de Medio Rural, o de Escuadro comezou o mércores ás 20:57 horas e quedou extinguido ás 22:09. Afectou 0,03 hectáreas arboradas. Actuaron 1 axente, 3 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Mentres, hoxe, xoves tivo lugar outro na parroquia de Refoxos. Iniciouse ás 8:54 e quedou extinguido ás 17:12 horas. Afectou 0,2 hectáreas arboradas e 0,46 ha de monte raso. Actuaron 2 axentes, 4 brigadas e 5 motobombas, tal e como apunta Medio Rural.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page