Dous coches implicados nun accidente no Pino
- ecosdacomarca
- hace 8 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Ademais do accidente mortal no que perderon a vida dous mozos, onte no concello do Pino https://www.ecosdacomarca.com/post/d%C3%BAas-persoas-falecidas-nun-accidente-na-a-54-%C3%A1-altura-do-concello-do-pino tamén se rexistrou outro sinistro este domingo neste municipio. Neste caso, víronse implicados dous coches.

O 112 Galicia foi alertado ás 20:19 horas polo sistema E-Call dun dos coches. "Tras recibir o aviso contactamos cun particular que nos indicou que batera contra outro coche, que eles estaban ben, pero non sabía como estaban os do outro vehículo", sinala o 112.
Publicidade
O suceso ocorreu na N-634 á altura da parroquia de Gonzar. O 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa e a Garda Civil de Tráfico. "Despois comunicáronos que non había feridos, aínda que máis dunha persoa se atopaba nerviosa", puntualiza o 112.
Comentarios