top of page

Dombodán, en Arzúa, celebra o 30 e 31 de xullo as súas festas do San Cristovo e da Virxe do Carme

Ecos da Comarca/Arzúa

A parroquia de Dombodán, no municipio de Arzúa, prepárase para vivir esta semana as súas tradicionais festas na honra de San Cristovo e da Virxe do Carme, cun programa que combina actos relixiosos e musicais os días 30 e 31 de xullo.

As celebracións comezarán mañá, xoves 30 de xullo, coa festa na honra a San Cristovo. Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e, a continuación, terá lugar a sesión vermú amenizada polo Grupo Tania Veiras. Xa pola noite, a verbena correrá a cargo da Orquestra Cinema e de Tania Veiras.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O venres 31 de xullo será a quenda da festa dedicada á Virxe do Carme. A programación iniciarase tamén cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú co grupo La Bamba. Pola noite, a música volverá ser a protagonista coa actuación da Orquestra Nuevo Tango e de La Bamba.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante as festas haberá cantina a cargo do Bar Carmen de Branzá e tamén pulpería do Carballiño. Ademais, a organización anuncia o sorteo de 300 euros en gasóleo no palco da festa e sortearase ata que apareza o gañador.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Desde a organización convidan á veciñanza e aos visitantes a participar nestas dúas xornadas de celebración, música e convivencia na parroquia de Dombodán.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page