top of page

Dimite Manuel Cuiña como alcalde de Silleda

Ocupou este cargo durante unha década e tomou esta decisión ao non chegar a un acordo co BNG en referencia aos salarios dos concelleiros con dedicación exclusiva


Laura Moure/Silleda

Manuel Cuiña durante a súa intervención no pleno de hoxe.

Este mércores Manuel Cuiña, quen foi alcalde de Silleda ao longo de dez anos, presentou a súa dimisión nun pleno extraordinario, xusto o día que se cumpre unha década de que collera o bastón de mando. O ata entón rexedor silledense xa adiantara hai unha semana que tomaría esta deción se non chegaba a un acordo co BNG sobre os salarios dos concelleiros con dedicación exclusiva: algo que non aconteceu e que os dous edís nacionalistas e o PP votaron en contra por segunda vez.


O PLENO DE HOXE

Nos pasados comicios municipais do mes de maio, o PSOE perdeu a maioría absoluta e o BNG rexeitou formar parte do goberno local. Cabe mencionar que o equipo socialista demandaba retribucións para o propio mandatario e para Mónica González e Ángela Troitiño.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"O BNG forza a dimisión do acalde de Silleda por 3.000 euros. Rexeitaron que o alcalde baixara o seu salario neses 3.000, e os repartira entre as súas concelleiras. Rexeitaron a proposta de que o alcalde donara cada ano eses 3.000 euros a unha entidade social municipal. Podian absterse... pero só lles valía a cabeza do alcalde", recrimina o PSOE silledense.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page