top of page

Detidos polo roubo de cable de tendido telefónico en Touro

Ecos da Comarca/Touro

O Equipo Roca da Garda Civil de Santiago de Compostela desarticula un grupo criminal especializado na subtracción de cable de cobre e detén a 6 dos seus integrantes na fase de explotación da operación Redcupru. A mencionada operación iniciouse o día 1 de maio do ano en curso, tras o roubo de cable do tendido telefónico na localidade de Touro.


No transcurso da mesma, os efectivos da mencionada Unidade, coa colaboración doutras Unidades da Compañía da Garda Civil de Santiago de Compostela, lograron a identificación dos presuntos integrantes deste grupo itinerante, pescudando tamén o seu “modus operandi”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta consistía en establecer un epicentro operativo, neste caso era Santiago de Compostela, onde pernotaban en vehículos, desde alí desprazábanse a diferentes zonas para a vixilancia e selección de obxectivos, preferentemente zonas boscosas próximas a estradas secundarias onde o trazado do tendido telefónico é paralelo á vía, tratando de dificultar con iso a súa vixilancia.


Tras seleccionar o obxectivo, o grupo, perfectamente estruturado e xerarquizado, desprazábase en dous vehículos, o primeiro cara aos labores de lanzadeira tratando de detectar os posibles controis policiais, transmitindo esta información en tempo real ao segundo vehículo, unha furgoneta na que viaxaba o grupo operativo, mostrando un alto grao de especialización.

Todos os roubos realizábanse en horario nocturno, utilizando sempre vehículos de alugueiro sen condutor, co obxectivo de dificultar o labor investigador. E esta práctica unida á súa gran mobilidade xeográfica e ao constante cambio de localización, complicaba notablemente a súa detección e seguimento, por parte das forzas de seguridade. Unha vez no lugar, os compoñentes do grupo operativo cortaban os cables do tendido telefónico en seccións de 2 ó 3 metros de lonxitude para a súa carga na furgoneta, tras o que iniciaban o seu traslado por vías rápidas ata o punto de ocultación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tras a análise meticuloso da información solicitada, o gardas civís actuantes determinaron a posible localización do próximo roubo, establecendo un dispositivo especial de seguimento e vixilancia, o cal conduciu á interceptación do grupo na peaxe da AP-9 en Sigüeiro, vía pola que fuxían rapidamente ata o seu destino.


Os gardas civís actuantes procederon ao rexistro dos 2 vehículos, localizando nunha das furgonetas máis de 3.100 quilogramos de cable de tendido telefónico e na outra, ferramentas de corte, roupa escura, luvas.


A Garda Civil detivo aos 6 homes como presuntos autores de 13 delitos de roubo de cable telefónico, un de pertenza a grupo criminal, un de estragos e un de apropiación indebida e incautou o 2 vehículo e os efectos atopados, restituíndo o cable de cobre ao seu lexítimo propietario, a empresa Telefónica España S.A.


Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución nº2 de Ordes. A Gardia Civil mantén a operación aberta, non descartando novas detencións.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page