Detidos dous homes tras atracar un estanco en Lalín e agredir á propietaria
- ecosdacomarca

- hace 12 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Dous homes foron detidos este sábado tras atracar un estanco situado na rúa da Ponte, no casco urbano de Lalín. Os feitos producíronse arredor das 10:00 horas, cando os presuntos autores accederon ao establecemento e agrediron á dona para levarse o o diñeiro que había na caixa.

PUBLICIDADE

A muller resultou ferida, e foi auxiliada por traballadores de locais próximos, e tivo que ser trasladada a un centro hospitalario para recibir atención médica, aínda que, segundo as primeiras informacións, as lesións non revestían gravidade.
Publicidade
A Garda Civil despregou un operativo tras o aviso e conseguiu localizar e deter aos sospeitosos pouco despois dos feitos. Un deles é cliente habitual do local.







Comentarios