Detido un veciño de Toques como presunto autor dun delito de incendio forestal en Melide
- ecosdacomarca
- hace 17 horas
- 1 Min. de lectura
A Garda Civil agradece a colaboración cidadá que achegou información relevante para o esclarecemento dos feitos
Ecos da Comarca/C.Terra de Melide
O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Comandancia da Garda Civil da Coruña, en colaboración con outras unidades da Comandancia, detén a un home, veciño do municipio de Toques, como presunto autor de dun delito de incendio forestal. Os feitos ocorreron por mor do incendio ocorrido o pasado día 19 de agosto no lugar de Puente Mazairas-San Pedro (Melide).

A Garda Civil iniciou unha investigación en aras do esclarecemento das causas do mesmo e a identificación do autor ou autores no seu caso. Tras a análise exhaustiva da información solicitada, os gardas civís actuantes lograron a identificación do presunto autor do ilícito, unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor de 1 delito de incendio forestal.
Publicidade
O detido, xunto coas actuacións realizadas foi postas ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Arzúa.
Os incendios forestais non só destrúen a flora e a fauna, senón que tamén poñen en risco a seguridade das persoas e as súas propiedades.
Publicidade
Por iso, reitérase o chamamento á cidadanía para que colabore na protección dos nosos montes. A prevención e a colaboración son esenciais para evitar estes delitos.
Se observa calquera actividade sospeitosa ou ten información sobre un incendio, contacte coa Garda Civil a través do teléfono 062 ou calquera outro canle de denuncia.
Comentarios