Detido un lalinense por presunto delito de roubo con forza nun establecemento de Silleda
- ecosdacomarca

- hace 14 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Unha patrulla da Garda Civil da Estrada detén a un home de 43 anos, veciño de Lalín e con antecedentes penais, por un presunto delito de roubo con forza nun establecemento hostaleiro da localidade de Silleda.

O día 12 de marzo atopándose a patrulla realizando servizo de seguridade cidadá, reciben un aviso do Centro Operativo de Servizos, informándolles de que nun establecemento hostaleiro da localidade de Silleda saltou a alarma e comunican que no seu interior observan a unha persoa encapuchada e vestida de negro.
Publicidade
Cando os axentes chegan ao lugar observan no exterior do establecemento a unha persoa coa descrición achegada pola Central, o cal ademais portaba dúas bolsas, contendo no seu interior 3 botellas de licores, unha bolsa con moedas de diverso valor, sumando un total de 42 euros, unhas facturas do establecemento, 22 latas de refrescos, 4 mandís, decoración de festa e un coitelo de cociña.

Tras a identificación do home que, ademais, intervéñenselle unhas luvas negras e unha lanterna, proceden á súa detención por un presunto delito de roubo con forza nas cousas. Realizada a inspección ocular do establecemento, observan a fechadura fracturada e unha pata de cabra tirada no chan a escasos metros de distancia da porta de acceso.
PUBLICIDADE
O detido xunto coas dilixencias foi entregado no Xulgado de Garda de Lalín, o cal decretou o seu ingreso en prisión.








Comentarios