top of page

Detido un home que se dedicaba a acosar a mulleres en Arzúa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Entre as vítimas, había menores de idade


Ecos da Comarca/Arzúa

O Equipo Territorial de Policía Xudicial (ETPJ) da Garda Civil de Santiago de Compostela detivo a un home como presunto autor de varios delitos de coaccións, acoso e detención ilegal en grao de tentativa, na fase de explotación da operación Stalkron. A mencionada operación iniciouse por mor das denuncias interpostas nas dependencias oficiais da Garda Civil na localidade de Arzúa o día 2 de xuño do ano en curso.

Desde o inicio fíxose cargo da investigación o referido ETPJ, sendo a súa prioridade a identificación, localización e detención do suposto autor, dada a inseguridade xerada entre os veciños da localidade. No transcurso da mesma, os gardas civís actuantes pescudaron o modus operandi desta persoa, o cal consistía na minuciosa selección da vítima, utilizando para iso o seu vehículo particular co que percorría diferentes lugares.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Unha vez localizada a posible vítima, algunhas menores de idade, dedicábase a acosala pola rúa, chegando mesmo a seguilas ata o interior dos establecementos públicos nos que se introducían. Cando vía o momento oportuno agarraba á vítima coa intención de introducila no vehículo.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Como froito do traballo de campo realizado, os compoñentes do ETPJ lograron a identificación plena do presunto autor, pescudando tamén a localización desta persoa. Unha vez coñecida a identidade e a súa localización, a Garda Civil procedeu á súa detención como presunto autor de varios delitos de coaccións, acoso e detención ilegal en grao de tentativa. O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución Nº 1 de Arzúa, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en Centro Penal.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page