top of page

Detido un grupo criminal dedicado a roubos en casas e establecementos comerciais na comarca de Deza

Ecos da Comarca/Deza

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín xunto co equipo Roca da Compañía de Lalín, no marco da Operación LOÑO, deteñen a 3 homes de 26, 31 e 42 anos todos veciños de Silleda, a unha muller de 26 anos veciña da Estrada e investigouse a un home de 23 anos tamén veciño de Silleda por presuntos delitos de pertenza a grupo criminal e comisión de 10 delitos de roubos en interior de vivendas e establecementos comerciais da comarca de Deza.

ree

A tres deles constábanlle antecedentes policiais. Froito da análise continua no tempo que realiza o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín da delincuencia existente na súa demarcación, no mes xuño do 2025 detectouse unha serie de persoas que estarían a cometer roubos en domicilios e locais comerciais, na comarca de Deza.


En todos eles, constatouse o mesmo modus operandi. O grupo investigado sometían a unha estreita vixilancia durante varios días os lugares que a posteriori serían roubados. Ditas vixilancias eran exhaustivas xa que contralaban os movementos, costumes diarios e horarios dos moradores e rexentes dos locais, ademais controlaban se os locais comerciais posuían sistemas de alarmas ou de vídeovixilancia.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Os agora detidos aproveitaban aqueles momentos nos que moradores se ausentaban do seu domicilio, no caso dos establecementos, cando estaban pechados ao público. Entraban nos mesmos mediante a fractura de portas e xanelas. Unha vez no interior causaban unha gran desorde, chegando a “causar danos innecesarios nas estancias ou obxectos das vivendas e establecementos comerciais (naves, bares etc.). Os roubos cometíanse sempre en horario nocturno, o principal obxectivo dos delitos era o diñeiro en metálico, xoias e aínda que adoitaban subtraer practicamente todo o que atopaban ao alcance da man con independencia do seu valor.


A día de hoxe, esclarecéronse 9 delitos de roubo con forza e danos en domicilios, podendo ascender a un valor superior aos 15.000 euros. O pasado 25 de novembro do 2025 procedeuse á detención de 4 persoas tres homes veciños de Silleda e unha muller veciña da Estrada, ademais de proceder á investigación doutro home veciño de Silleda.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

As dilixencias xunto cos detidos foron postos ao dispor xudicial do Tribunal de Instancia sección civil e de instrución praza 1 de Lalín, decretando a liberdade provisoria con obrigación de comparecer ante o mesmo cando sexan requiridos para iso.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page