top of page

Detido en Valladolid o home que atracou un banco en Melide o pasado mes de maio

Ecos da Comarca/Melide

A Policía Nacional detivo en Valladolid ao autor de tres roubos con intimidación cometidos en entidades bancarias de diferentes localidades do norte de España. O primeiro dos roubos tivo lugar nun banco da Coruña, seguido doutro en Melide e un terceiro en Ponferrada.

A entidade bancaria de Melide que foi asaltada en maio. Autor: Ecos da Comarca.
A entidade bancaria de Melide que foi asaltada en maio. Autor: Ecos da Comarca.

O detido, que actuaba de cara e en solitario, tamén perpetraría numerosos delitos contra a propiedade como furtos e estafas por toda España, en lugares como Vilanova de Arousa, Santiago de Compostela, Ponferrada, Astorga, Torrejón de Ardoz e Salamanca.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O 10 de xuño, foi localizado e detido nun centro comercial de Valladolid. No seu poder, atopáronse documentos de identidade alleos, teléfonos móbiles, unha navalla, un revólver simulado e 1.400 euros en efectivo.


O 12 de xuño, foi presentado perante o xulgado de Instrución de Garda, quen ordenou o seu ingreso en prisión. A investigación continúa para determinar se existen outros delitos relacionados.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page