Detido en Lalín un menor por ameazar cunha arma a outros rapaces
- ecosdacomarca
- hace 8 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Un menor foi detido en Lalín por ameazar a outros cunha arma. Tal e como informou hoxe a este medio a oficina de prensa da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, os feitos ocorreron o pasado día 11 pola tarde nas canchas de baloncesto situadas na Ronda Este da capital de Deza.

Estaban uns menores alí xogando e chegou outro de 17 anos e houbo unha discursión. E este último sacou unha arma e disparou ao aire. "Consideramos que foi unha pistola detonadora, porque non atopamos os casquillos, pero de momento, a arma non foi localizada", indica a Garda Civil.
Publicidade
Ante os feitos, unha persoa maior de idade acercouse ao lugar para intentar calmar a situación e presuntamente foi agredida por outra persoa que acompañada ao de 17 anos. "Neste caso, non sabemos se se trata de unha persoa menor ou maior de idade, porque aínda non foi identificado", puntualiza a Benemérita.
Publicidade
O rapaz de 17 anos, que está emancipado xa que non vive cos seus proxenitores, xa pasou a disposición xudicial.
Comments