top of page

Detido en Lalín por delito de roubo con violencia e intimidación e polo de incendio en grao de tentativa

Ecos da Comarca/Lalín

O equipo de investigación da Garda Civil de Lalín detén a un home de 51 anos veciño da localidade polos presuntos delitos de roubo con violencia e intimidación nun domicilio, delito de detención ilegal e delito de incendio en grao de tentativa.

O detido. Autor: Garda Civil.
O detido. Autor: Garda Civil.

Os feitos ocorreron o día 24 de febreiro cando o agora detido accede ao interior dunha vivenda da localidade de Lalín facendo uso dunha escaleira e rompendo unha xanela, no interior atopouse co morador, recoñecendo este a o asaltante.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Nese momento o agresor reacciona de maneira violenta e agresiva cara á vítima ameazándoo cunhas tesoiras e manifestándolle que non ía saír da vivenda. A vítima tenta refuxiarse nunha das habitacións, aproveitando o agresor para pechar a mesma asegurándose de que non puidese saír atando a manilla cun cable.


Tras os feitos a vítima consegue saír e decátase que o home está a derramar a gasolina da garrafa que utiliza para unha ferramenta de xardinería e abandona a vivenda. Ademais, o presunto autor dos feitos, subtraería uns 130 euros que tiña o morador encima da mesa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Tras a rápida intervención dos axentes do equipo Ebio e de Seguridade Cidadá da Garda Civil de Lalín que se atopaban de servizo nese momento, coa descrición do presunto autor definida pola vítima localizaron ao presunto autor dos feitos delituosos na localidade, procedendo á súa detención.


O detido xunto coas dilixencias foi entregado no Tribunal de Sección Civil e Instrución Praza Nº 2 de Lalín en funcións de Garda, o cal decretou o seu ingreso en prisión.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page