Deteñen en Silleda a un veciño de Mallorca con varias causas xudicias pendentes
- ecosdacomarca

- 11 dic 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

Axentes da Policía Local de Silleda e da Garda Civil, grazas á súa estreita colaboración, detiveron a última hora da tarde do mércores a un home na vila da capital trasdeza. O detido, J.S.S.C., natural de Mallorca e residente en Silleda, foi localizado na rúa grazas ás pesquisas de ambos corpos e tamén á colaboración cidadá.
Publicidade
O home, que foi trasladado á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra tras a actuación dos axentes silledenses, contaba con oito requisitorias xudiciais pendentes.







Comentarios