top of page

Deteñen a un veciño de Melide por supostamente ameazar cunha escopeta e agredir a outro home

O suceso tivo lugar nunha xornada de caza en Riotorto e foi detido en Ribadeo


Ecos da Comarca/Melide

A Garda Civil detivo a un melidense que agrediu supostamente a outro home e o ameazouno cunha escopeta cando estaban de caza no municipio lucense de Riotorto.


En concreto, os feitos tiveron lugar o pasado 4 de novembro. Tras presentar denuncia a vítima, axentes da Garda Civil detiveron ao presunto agresor, duns 60 anos, en Ribadeo.


O detido está acusado dun suposto delito de ameazas con arma de fogo e outro de lesións, e pasou a disposición xudicial. Ademais, intervíronlle tres armas de fogo, en concreto escopetas.

ree
Foto arquivo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page