Desprazado o helicóptero a Lalín por unha saída de vía que se saldou cunha persoa ferida
- ecosdacomarca
- 26 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Esta mañá rexistrouse unha saída de vía dunha furgoneta no municipio de Lalín que se saldou cunha persoa ferida. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 9:35 horas.
En concreto, tivo lugar na saída da AP-53 á altura de Catasós. "Había unha persoa inconsciente que foi trasladada polo 061", informa Emerxencias Lalín.
Ata o lugar tamén se desprazou o helicóptero do 061, pero ao final a persoa ferida foi evacuada en ambulancia. No lugar ademais de Emerxencias Lalín, da ambulancia e do helicóptero do 061, estivo a Garda Civil de Tráfico.
Комментарии