top of page

Desaparece un veciño de Lalín de 44 anos

Ecos da Comarca/Lalín

A familia de Óscar Gil Otero, de 44 anos, veciño de Lalín alerta da súa desaparición. Veciño da parroquia de Madriñán falta dende onte, luns día 5, pola tarde.

Óscar Gil, desaparecido en Lalín.

Tiña que ir buscar ao seu fillo sobre ás 20:30 horas, pero xa non acudiu e o seu coche apareceu aparcado no casco urbano de Lalín.


No momento da súa desaparición vestía cazadora azul marino, pantalóns e zapatillas da mesma cor e unha camisa gris. A familia pide difusión e en caso de saber algunha pista poden contactar directamente coa Garda Civil ou chamar ao teléfono 674 241 577.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Cabe mencionar que en setembro de 2021 tamén desaparecera e fora atopado en Santiago un día despois desorientado, polo que a familia non descarta que desta vez tamén se atope desorientado por iso é tan importante dar con el.


ACTUALIZACIÓN (22:45 HORAS) ÓSCAR GIL XA APARECEU


NOTICIAS RELACIONADAS:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page