top of page

Desaloxado un centro de traballo no Pino logo dun escape de gas

Ecos da Comarca/O Pino

O 112 Galicia informa que este luns foi necesario desaloxar un centro de traballo no concello do Pino logo dun escape de gas, pero non houbo afectados.

Os Bombeiros de Arzúa, hoxe, no lugar do suceso. Autor: Bombeiros Arzúa
Os Bombeiros de Arzúa, hoxe, no lugar do suceso. Autor: Bombeiros Arzúa

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso arredor das 10:30 horas. Segundo informou un particular, producírase un escape de gas nun camión cisterna, o cal estaba no recinto dunha granxa na parroquia do Pino.


Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Arzúa e da Garda Civil, que se desprazaron ata o punto.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Unha vez alí, e logo de que fose desaloxado o recinto, os servizos de emerxencia puideron resolver a fuga sen que ninguén se vise afectado.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page