top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Desafiante fin de semana para 15 corredores do GTR

Ecos da Comarca/Deza

Unha quincena de corredores do Galaico Trail Run atreveuse esta fin de semana a desafiar dous días de carreira percorrendo o trail do Castelo o sábado e o domingo o salvaxe Lor no concello de Quiroga.


Publicidade

"A pesares da dureza que caracteriza a carreira polas montañas do Courel, este ano aínda tiveron máis dificultade o facela proba baixo unhas condicións climáticas onde a neve, auga, saraiba e frío non lles impedíu cruzar a liña de meta a todos os nosos integrantes que ata alí se desprazaron", sinala o GTR.


Publicidade

"Respecto os resultados destacamos a Manu López que acadou o 3º posto no circuíto de Maratón + trail do Lor, Enrique Rojo 3º cat. Veterano C Trail do Castelo e Óscar Lugrís o 1º vet. B na Ultra de 90 km que finalmente quedou recortada polas condicións climatolóxicas adversas", engade o clube.


Publicidade



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page