top of page

Denuncian o roubo de dúas vacas en Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Unha terceira deixárona coa corda posta.

A melidense Lucía Casal denunciou este luns a través das súas redes sociais o roubo de dúas vacas en Ferreirós, en Vila de Cruces, propiedade dun compañeiro de seu pai. "Unha terceira deixárona ca corda posta. E estaban a vista as rodeiras do camión. Os crotais das roubadas son 3700 e 8404, aínda que o máis seguro e que llos cambiaran", lamenta.


Publicidade

Sinala que son "dúas vacas monas, unha máis oscura e outra mais clariña. Poden facer múltiples cousas con elas, pero pido axuda en difundir ou se alguén sabe algo que se poña en contacto conmigo (664 604 361)".

Publicidade


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page