top of page

Dende os Pendellos de Agolada ata Cerdedo-Cotobade para sobrevivir

Ecos da Comarca/Agolada

Esta venres uns visitantes atoparon no entorno dos Pendellos de Agolada unha cría de paxaro que non daba voado e que non presentaba bo aspecto. Entregárono no Concello e

chamaron para que viñeran a buscalo.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Foi persoal do centro de fauna de Carballedo, situado en Cerdedo- Cotobade, o que veu a recollelo. Este centro, como outros de recuperación de fauna, son dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e teñen por como finalidade o coidado e a recuperación dos exemplares da fauna silvestre autóctona que non estean en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural. O seu principal obxectivo é a súa reintegración ao medio natural ou, se isto non é posible, a súa integración en programas de conservación ex situ ou de educación ambiental.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page