top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Delfina Carrera e Luis Pol, concelleiros do PP de Vila de Cruces, renuncian por motivos persoais

Pasarán a ocupar os seus postos Pilar Barrio e Ramón Otero


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O PP de Vila de Cruces emite un comunicado a través do cal informa sobre da renovación consensuada en relación ao equipo de concelleiros que forman parte do Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces. Así anuncia a renuncia de Delfina Carrera e Luis Pol.


Publicidade

"En primeiro lugar, agradecer a dedicación e traballo desempeñado nos seus cargos como concelleiros aos nosos compañeiros Delfina Carrera e Luis Pol, que sempre estiveron a disposición, na medida que a súa dispoñibilidade persoal llo permitía, tanto para as veciñas e veciños como para o resto de compañeiros que integramos o PP de Vila de Cruces".

Publicidade

O PP subliña que "a renuncia de Delfina e de Luis débese estritamente a razóns persoais ambos seguirán formando parte do equipo de traballo. En segundo lugar, queremos dar as grazas pola súa proactividad e pola súa valentía tanto a Pilar Barrio (da parroquia de Toiriz) como a Ramón Otero (da parroquia de Camanzo) e por tomar a responsabilidade que exercerán como novos concelleiros representando aos veciños e veciñas de Vila de Cruces e tamén ao Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces. A nosa compañeira Pilar Barrio desempeña a súa profesión na residencia de maiores de Vila de Cruces e Ramón Otero, arquitecto, é coñecedor do funcionamento da administración local que desempeñou durante anos".


0 comentarios

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page