top of page

De Vacas actuará no Festival do Queixo de Arzúa

Será o domingo 3 de marzo


Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa anunciou este mércores unha nova actuación do Festival do Queixo. Falamos de De Vacas que actuará o domingo 3 de marzo na sesión vermú. Cabe mencionar que tamén están confirmados Grande Amore e Guadi Galego.

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Son o cuarteto formado por 𝗜𝗻𝗲́𝘀 𝗦𝗮𝗹𝘃𝗮𝗱𝗼 (𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗲𝗹𝗮), 𝗙𝗮𝗶𝗮 𝗗𝗶́𝗮𝘇 (𝗮 𝗣𝗶𝗻𝘁𝗮) 𝗲 𝗣𝗮𝘂𝗹𝗮 𝗥𝗼𝗺𝗲𝗿𝗼 (𝗮 𝗠𝗼𝗿𝗲𝗻𝗮) e o guitarrista 𝗚𝘂𝗶𝗹𝗹𝗲𝗿𝗺𝗲 𝗙𝗲𝗿𝗻𝗮́𝗻𝗱𝗲𝘇 (𝗮 𝗥𝘂𝗯𝗶𝗮).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

𝗙𝗮𝗻 𝘃𝗲𝗿𝘀𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗲𝗻 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato 𝗿𝗲𝘁𝗿𝗮𝗻𝗾𝘂𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗲 𝗱𝗶𝘃𝗲𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼! Tanto che fan unha versión do rap “𝗚𝗮𝗻𝗴𝗻𝗮𝗺 𝗦𝘁𝘆𝗹𝗲”, como un “𝗔𝗺𝗼𝗱𝗶𝗻̃𝗼”, versionando “Despacito” ou versións doutros artistas como Enrique Iglesias, Rosalía, Pitbull, Michel Teló...


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

E son quen de cantar o himno galego a ritmo do “𝗜 𝘄𝗶𝗹𝗹 𝗮𝗹𝘄𝗮𝘆𝘀 𝗹𝗼𝘃𝗲 𝘆𝗼𝘂” de Whitney Houston!


A entrada é gratuita ata completar aforo.


NOTICIA RELACIONADA:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page