top of page

Grande Amore, primeiro artista confirmado no Festival do Queixo de Arzúa 2024

Actuará o sábado 2 de marzo na primeira xornada do evento, dentro da 49ª Festa do Queixo


Laura Moure/Arzúa

Grande Amore é o primeiro artista confirmado no Festival do queixo 2024 de Arzúa. Actuará o sábado 2 de marzo na primeira xornada do evento, dentro da 49ª Festa do Queixo. A entrada será de balde ata completar aforo e baixo carpa, como é habitual desde os últimos anos no festival de Arzúa.

ree

Grande Amore, premio Martín Códax 2022, é un dos motores que está a revolucionar a música galega nos últimos anos, rompendo esquemas e vellos prexuízos estilísticos e lingüísticos. Agora presenta o seu esperado segundo álbum, "II", en varias localidades do país. A que soa "II"? "E ou seu disco máis cru, máis directo, máis duro. Rock industrial, punk, black metal... ".


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

A Grande Amore gústalles o rock & roll, os sintetizadores, as caixas de ritmos e as guitarras. Con todo iso, fan música rápida e chea de graves, como a vida mesma.

Tamén gritan, súan e bailan e, a maioría de veces, pásano en grande.


A súa alma é Nuno Pico é un mozo de Burela que leva tocando desde os 16 anos. A que soa? Basicamente, a Nuno. Ás súas preocupacións e paranoias. “Teño certa facilidade para contar as cousas que me pasan e as cousas que sinto e penso nas letras das cancións”, explica el. “Fóra das letras, tampouco llas conto a ninguén, sinceramente".


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

Tras o alias de Grande Amore, Nuno mestura as súas influencias máis primitivas do rock and roll e punk co techno e electropop logrando un son particular entre o festeiro e macarra cun toque humorístico e á vez existencialista que é capaz tanto de facerte bailar un fin de de madrugada como de reflexionar nas túas catro paredes.


Sacou dous álbums de estudo titulados 'Grande Amore' (Ernie, 2021) e 'II' (Ernie, 2023) ademais de varios singles e colaboracións con outros artistas como Ortiga, Mundo Prestixio, Carlangas (Novidades Carminha) ou The Rapants.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"A orixinalidade da proposta de Nuno, Clara Redondo e mariagrep permitiulles empezar a transcender as fronteiras de Galicia." Nove semanas entre a lista da revista Mondo Sonoro, que o elixe entre os dez mellores discos publicados en España. Quinto entre os álbums estatais máis recomendables do 2023 segundo Muzikalia. E entre os 50 elixidos por Rockdelux. “II”, o seu segundo traballo conquistou de novo ao xornalismo especializado en música alternativa.


Por outra banda, a cita gastronómica e musical ten aberto ata o 15 de xaneiro o prazo para inscribirse concurso Queixo Maquetón para grupos noveis, que vai pola 15ª edición, e que determinará a formación que abra o evento. A organización ten previsto anunciar nas próximas semanas un avance dos artistas que formarán parte do festival do queixo, as noites do sábado e domingo.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page