Danse á fuga tras ter un accidente con outro coche en Santa María de Melide
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este xoves rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Melide. O 112 Galicia foi alertado preto das sete da tarde. No mesmo, víronse implicados dous coches.

O suceso ocorreu na N-547 á altura de Santa María. Unha persoa resultou ferida leve.
PUBLICIDADE
Pero o máis sorprendente, tal e como informan fontes oficiais alí presentes, tanto o condutor como o outro ocupante do coche marca Ford, de cor negro, (o da imaxe) déronse á fuga.
PUBLICIDADE
Ata lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, Protección Civil de Melide e a Garda Civil de Tráfico.








Comentarios