top of page

Danos na ponte de pedra de Pozo do Boi, en Lalín, tras o paso de maquinaria pesada

O Concello anuncian o inicio dos trámites para a reparación, a mellora do peche na praia fluvial e como medida preventiva, establecerase unha limitación de peso


Ecos da Comarca/Lalín

A histórica ponte de lousas de pedra situada en Pozo do Boi, na parroquia lalinense de Vilatuxe, apareceu este pasado 4 de maio con importantes danos estruturais tras o paso de maquinaria forestal de gran tonelaxe.


Segundo denuncian veciños da zona, a ponte sufriu a rotura de dúas lousas consecutivas, un feito que, aseguran, era cuestión de tempo debido ás limitacións deste tipo de construcións tradicionais. Trátase dunha estrutura de pedra pensada para usos tradicionais e tráfico lixeiro, incapaz de soportar o peso e as vibracións xeradas por vehículos forestais pesados.

Os danos provocados. Autor: Antonio Presas.
Os danos provocados. Autor: Antonio Presas.

Os afectados sinalan que todas as pontes teñen un límite de resistencia e advirten de que o tránsito deste tipo de maquinaria por infraestruturas patrimoniais pode provocar consecuencias irreversibles. Neste caso, consideran evidente a relación entre o paso da maquinaria e os danos ocasionados.


Agora, a preocupación céntrase na reparación da ponte e en quen deberá asumir os custos. Desde a veciñanza insisten en que a responsabilidade debe recaer sobre quen provocou os danos e non sobre as arcas municipais, evitando así que sexa o conxunto da cidadanía de Lalín quen teña que afrontar o gasto da reparación. Por iso, falan da importancia de que o Concello deba ter unha ordenanza municipal sobre o tránsito de vehículos por pistas.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Os concelleiros de Medio Ambiente, Raquel Lorenzo, e de Obras, José Cuñarro, supervisaron "in situ" os danos xunto ao equipo técnico, e anuncian o inicio inmediato dos trámites para a reparación da ponte e de mellora do peche na praia fluvial.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Actuacións previstas:

  • Reposición das lousas de pedra danadas polo paso dun vehículo agrícola de gran tonelaxe. Como medida preventiva, establecerase unha limitación de peso para garantir a integridade da estrutura.

  • Renovación integral dos puntos de ancoraxe (pestanas metálicas) do peche de madeira para corrixir a deterioración por corrosión e humidade.

  • Os traballos executaranse en canto se reciban as autorizacións preceptivas de Augas de Galicia, solicitadas previamente polo Goberno local


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page