top of page

Dúas persoas falecidas nunha colisión entre dous coches en Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Dúas persoas faleceron hoxe, mércores, nunha colisión entre dous coches en Silleda. Tal e como informa o 112 Galicia ambas ían no mesmo vehículo.

O accidente mortal. Foto cedida.
O accidente mortal. Foto cedida.

O accidente ocorreu ao redor das 15:20 horas, no quilómetro 185 da N-640, na parroquia de Escuadro. Segundo informou o particular que alertou ao 112 Galicia, produciuse un accidente entre dous coches, cunha persoa xa fóra do seu turismo, mentres que no outro aínda permanecía xente no interior.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén se desprazaron os Bombeiros de Deza, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local. Os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento dos dous ocupantes que estaban dentro dun dos coches implicados, os cales precisaban de excarceración para ser liberados. O condutor do outro vehículo resultou ferido tras o impacto.


Os falecidos son un matrimonio da parroquia silledense de Martixe e o ferido tamén é veciño deste municipio.


"Dende o Concello de Silleda queremos amosar as nosas condolencias coa familia e persoas achegadas dos dous veciños da parroquia de Martixe falecidos esta tarde nun tráxico accidente na N-640 á altura de Escuadro.
Asimesmo tamen lle desexamos unha pronta recuperación ao conductor do outro vehículo siniestrado, veciño tamén do noso municipio" , sinala o Concello

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page