Ecos da Comarca/Lalín
Un home foi trasladado ao hospital por inhalación de fume tras un incendio na súa casa de Chantada, tal e como informa o 112 Galicia. O lume afectou á zona do garaxe, onde se acumulaban unha gran cantidade de obxectos de plástico.
Publicidade

Ás 23:45 horas do luns, a Policía Local informou ao 112 Galicia de que ardía unha vivenda unifamiliar situada na rúa Benigno Ledo, en Chantada. Os axentes desaloxaran o inmoble e confirmaron que un home precisaba atención sanitaria por inhalación de fume.
Os bombeiros conseguiron controlar e apagar rapidamente o incendio, que provocou unha intensa fumareda na escaleira da casa. A continuación, realizaron tarefas de ventilación e, finalmente, comunicaron a relación de danos materiais: arderon diferentes obxectos de plástico almacenados no garaxe, así como un motor eléctrico.
O dono do baixo foi traslado por inhalación de fume, primeiro ao Punto de Atención Continuada e, a continuación, ao centro hospitalario de referencia. Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Chantada, a Garda Civil e os axentes da Policía Local.
Publicidade
Incidente en Curtis
Por outra banda, tivo lugar outro incendio en Curtis. Este orixinouse na zona do gardarroupa dunha vivenda da avenida principal de Santa María de Lurdes e afectou a unha habitación por completo. Unha persoa foi atendida polo persoal sanitario, pero non trasladada.

Foi un particular quen, contra as 23:45 horas, alertou aos xestores do 112 Galicia de que estaba ardendo a habitación dunha das vivendas do edificio. Os equipos de extinción controlaron rapidamente a situación e explicaron que ardeu unha das habitacións por completo. O resto do inmoble quedou afectado polo fume.
Ademais dos servizos sanitarios, participaron os Bombeiros de Betanzos, o GES de Curtis e os axentes da Garda Civil.
Comments