top of page

Detido un veciño de Touro por estafar a un home a través de submisión química que anula a vontade

Ecos da Comarca/Touro

O Equipo@ da Garda Civil da Coruña, nunha operación conxunta co Posto Principal de Culleredo e no marco da Operación SUMIX, logrou a detención de catro persoas (dous homes e dúas mulleres) como presuntos autores materiais dun roubo mediante submisión química a un veciño de Culleredo. Impútaselles a estafa de 12.000 euros. As detencións practicáronse na cidade da Coruña, ao existir fundadas sospeitas de que os implicados planeaban abandonar a provincia.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

A investigación iniciouse o pasado 17 de maio de 2025, cando un veciño de Culleredo denunciou movementos non recoñecidos na súa conta bancaria, ascendendo a cantidade estafada a 12.000 euros. As pescudas realizadas pola Garda Civil de Culleredo e o Equipo@ Coruña (Ciberdelincuencia) revelaron que as transferencias e outros movementos bancarios realizáronse utilizando o propio teléfono móbil do prexudicado sen o seu consentimento.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As investigacións apuntan a que o afectado, tras unha saída nocturna, desprazouse á cidade da Coruña. Ao día seguinte, espertou sen lembrar nada, cun baleiro temporal, lembrando só flashes de persoas utilizando o seu teléfono. Tras comprobar a súa conta bancaria, descubriu que fora baleirada.


A Garda Civil puido establecer, a partir das declaracións da vítima e dos detidos que, nalgún momento, suministráronlle unha substancia química para anular a súa vontade e sometelo. Aproveitando esta circunstancia, accederon ao seu teléfono móbil e ás súas contas bancarias utilizando o recoñecemento facial biométrico para realizar múltiples transferencias. Posteriormente, os detidos realizaron retiradas de efectivo en caixeiros de localidades próximas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os detidos, veciños da Coruña, Touro (A Coruña), San Sebastián (Guipúscoa) e Valencia (Valencia), foron postos ao dispor do Xulgado de Garda da Coruña xunto coas dilixencias instruídas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page