top of page

Día histórico en Touro: O PP perde a Alcaldía e terá dous novos mandatarios

Actualizado: 18 jun 2023

Os primeiros dous anos será Roberto Castro, do Movemento Veciñal, e os dous últimos, Jesús Martínez do Partido Galego


PLENO DE INVESTIDURA. ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

 

Ecos da Comarca/Touro

Roberto Castro, do Movemento Veciñal de Touro, é o novo alcalde do Concello de Touro. Foi elexido este sábado na sede do Concello pola nova Corporación Municipal, integrada por 11 concelleiras e concelleiros e que tomou posesión tras ser elexida nas eleccións municipais do pasado 28 de maio de 2023.

Roberto Castro, para resultar elixido novo rexedor deste municipio, contou cos votos da súa formación (4 concelleiras e concelleiros), o voto do concelleiro do Partido Galego, Jesús Martínez Pereira; e o voto do concelleiro do BNG, Xoán Louzao. O candidato do Partido Popular, Jesús Reboredo, contou cos cinco votos dos edís do PP. Pero o acordo co Partido Galego é que os últimos dous anos de mandato cederanlle a Alcaldía a Jesús Martínez, tal e como confirma o Movemento Veciñal, aínda que puntualiza que de todas formas, as negociacións todas para conformar o goberno será a vindeira semana.

A nova Corporación Municipal do Concello de Touro queda integrada polos seguintes concelleiros e concelleiras: Jesús Reboredo, Rebeca Codesido, Alfredo Souto, Isolina Suárez e María del Carmen Carreira do Partido Popular; Roberto Castro (alcalde), Darío Rey, Angélica Lamas e José Luis Ramos, de Movemento Veciñal de Touro; Jesús Martínez Pereira, do Partido Galego; e Xoán Louzao, do BNG.

Declaracións

"Comeza un tempo novo para Touro. Grazas a Jesús Martínez e á xente do Partido Galego de Touro, e a Xoan Louzao e ao BNG de Touro. Grazas ás/aos que crestes que merecemos unha oportunidade para gobernar o noso concello. Toca traballar con humildade, honestidade e sempre na mellor defensa da veciñanza e polo ben común", sinala o Movemento Veciñal.


"Hoxe decidimos apostar polo cambio, para mellorar o noso concello e poder darlle un bo futuro. Por iso, dende o Partido Galego queremos agradecer, unha vez máis, a todos os que nos apoiastes e que fixestes isto posible", agradece o Partido Galego


"Hoxe escolléronse o novo Alcalde e a Corporación Municipal de Touro. A partir da semana que vén, faremos as valoracións sobre o pacto tripartito, o reparto que se vai facer da alcaldía e cal será a nosa liña de oposición como lista máis votada, sempre cos veciños e veciñas na mente. Confiamos en que este tempo servirá para seguir crecendo, para facer, dende o noso lugar, que Touro mellore, e volver máis fortes dentro de catro anos", indica o PP.


NOTICIAS RELACIONADAS


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page