top of page

Cuiña aposta pola musealización de Carboeiro co empuxe definitivo que significará a dotación de luz

Continuará ca posta en valor de espazos naturais e a creación de áreas de baño naturais


Ecos da Comarca/Silleda

O candidato e actual alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, apostará por continuar poñendo en valor os espazos naturais do municipio, un dos principais reclamos no ámbito turístico, logo de actuacións nos últimos anos na Fervenza do Toxa, na Fervenza de Santa Mariña e na de

Férveda.

A fervenza de Férveda. Autor: Ecos da Comarca.

Ademais, no ámbito do turismo como un sector estratéxico, propón a creación de novas áreas de baño naturais, despois da posta en valor da de Cira, e a promoción dos Camiños a Santigo, con actuación de embelecemento e difusión das rúas do Sudeste e o Camiño de Inverno. “Aínda que o sector primario segue sendo a nosa base, o turismo é unha baza

clave para dinamizar a nosa economía”, sinala Cuiña.

Preme na imaxe se queres obter máis información deste evento.

Os socialistas promoverán a elaboración dun Plan Estratéxico Local de turismo que identifique as potencialidades do municipio e marque as acción a seguir, e crearán unha marca local de posta en valor dos produtos e festas gastronómicas como elemento identitario.


Outro dos revulsivos nesta área será a musealización do mosteiro de Carboeiro, no que a dotación de luz eléctrica “grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra cunha actuación que incluirá sendas peonís ata o mosteiro, será o empuxe definitivo ao gran emblema turístico e patrimonial de Silleda”, engade.

Vai de Parroquias

Cuiña propón tamén implementar o programa #Vaideparroquias, para fomentar o coñecemento das 33 localidades, a través de certames e rutas mensuais implicando á veciñanza de cada unha delas. Tamén inclúe no seu programa continuar co apoio ás tres festas de interese turístico cas que hoxe conta o municipio.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page