top of page

Crónica dunha ferida ambiental: A veciñanza como escudo dos ríos de Touro fronte ao fracaso mineiro

"Se non fose polo pobo, polas alertas veciñais e pola presión social exercida durante os últimos dez anos, o colapso dos ríos locais permanecería invisible fóra das fronteiras da comarca", sinala a Plataforma Mina Touro - O Pino NON


Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma Mina Touro - O Pino NON Asociación ambiental e cultural pronunciouse onte ante o feito de que o Concello de Touro fixo público o derradeiro informe de analíticas "onde se evidencia, unha vez máis, a persistente afección ambiental significativa sobre diversos cursos fluviais, constatando parámetros que superan sistematicamente os límites e obxectivos ambientais recollidos na normativa vixente, como o Real Decreto 817/2015 ou o Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. O texto oficial advirte de que, comparando os datos cos rexistros históricos dispoñibles, hai puntos que amosan un claro empeoramento na calidade das augas, e con respecto ao que a empresa mineira recolleu no seu proxecto como unha mellora", recalca o colectivo.

A garda civil do territorio: Veciños contra os metais pesados

A historia desta última década de loita ambiental non se escribe desde os despachos, apunta esta asociación, " senón desde as beiras dos ríos Pucheiras, Portapego, Brandelos, Ameneiro-Lamas e Felisa.. Foron os propios veciños os primeiros en dar a voz de alarma ao ver as augas tinxidas de cores anómalas. Esta vixilancia a pé de campo foi a que nutriu de probas e testemuños a colectivos como Tralapena, Ecologistas en Acción, Adega, Aldea Viva ou Amigas da Terra, permitindo encargar as analíticas de laboratorio que confirmaron a presenza de niveis críticos de metais pesados nunha contorna protexida pola Rede Natura 2000".


O perigo, lamenta, "non só corre polos leitos dos ríos. Os veciños e veciñas foron os que sinalaron o risco inminente que o proxecto mineiro que queren reabrir, ten estruturas de residuos que supoñen un perigo real para as súas casas, as súas vidas e os seus pozos, transformando o medo nunha ferramenta de denuncia colectiva contra a ameaza mineira".


"O engano dos plans técnicos: A veciñanza destapa o fraude da drenaxe"

E salienta que onde as empresas e a administración vían "solucións técnicas", a veciñanza detecta "parches e incumprimentos, comprobando en primeira persoa como as augas acedas siguen brotando e chegando ao dominio público hidráulico, desmentindo as promesas oficiais de rexeneración. O crónico incumprimento do proxecto de drenaxe temporal e integral é destapado unha vez máis".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

E lembra o colectivo que cando se expuxo o proxecto de drenaxe cara ao río Pucheiras, a reacción veciñal non tardou en chegar en forma de alegacións, de fortes protestas e mobilizacións. "Esta presión social na rúa serviu para que asociacións ambientales puidesen armar recursos que denunciaban que ditas obras operaban á marxe de avaliacións de impacto ambiental severas. Sen os ollos da veciñanza vixiando cada canle, os proxectos insuficientes pasarían desapercibidos baixo o verniz da burocracia. Agora esa autorización sigue o seu trámite no TSXG á espera de ser xuzgada".


Un clamor unificado que frea a reapertura da mina

E recalcan que a mobilización veciñal logrou o que parecía imposible: "crear un muro de contención civil, entendendo que defender a auga é defender o seu modo de vida rural, o sector agrario local e o sustento de miles de familias que dependen indirectamente do marisqueo na ría, alimentada polo río Ulla. Esta firmeza comunitaria logra que o proxecto mineiro careza por completo de licenza social, e que agora sea o propio concello de Touro quen ratifique o que a xente levaba anos berrando: que os límites legais de contaminación estaban superados e que era necesario actuar para protexer o abastecemento de auga potable da poboación. Onde as empresas e a administración vían solucións técnicas os veciños detectaron parches e incumprimentos...".

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

A xustiza que nace da rúa

Por último, esta plataforma indica que "hoxe en día, que se admitan a trámite as demandas contra as verteduras non é un éxito fortuíto da xurisprudencia. É o resultado directo dunha década de persistencia dun pobo que se nega a ser sacrificado en nome do chamado beneficio industrial. A lección de Touro é clara e contundente: fronte á pasividade dos que deben protexer o medio ambiente, a soberanía veciñal e o coidado da terra son a única

garantía de futuro".


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page