top of page

Un informe pericial do Concello de Touro revela unha persistente afección ambiental en ríos da antiga mina

Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro fai público un informe pericial independente, o primeiro promovido pola propia Administración local para avaliar, mediante analíticas independentes, o estado dos ríos e regatos da contorna da antiga explotación mineira de Touro–O Pino.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O estudo foi encargado pola Área de Medio Ambiente, Patrimonio e Camiño de Santiago, dirixida polo concelleiro Darío Rey Suárez, e elaborado por un equipo técnico especializado co obxectivo de ofrecer unha avaliación rigorosa, obxectiva e independente da calidade das augas superficiais.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

"As conclusións do informe evidencian a persistencia dunha afección ambiental significativa sobre diversos cursos fluviais da contorna da antiga explotación mineira, constatándose en distintos puntos parámetros que superan os valores de referencia e os obxectivos ambientais establecidos pola normativa vixente. Así mesmo, a comparación cos datos históricos dispoñibles reflicte unha evolución desigual, con puntos nos que se detecta un empeoramento de determinados indicadores da calidade das augas", salienta o Concello.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page