Cruz Vermella promove en Lalín unha formación de carpintería en colaboración co Concello e Inasus
Arrancará o 16 de xuño e a data límite de inscrición é o 5
Laura Moure/Lalín
Cruz Vermella no Deza co apoio do Concello de Lalín e Inasus, pon en marcha unha nova acción formativa dirixida a mellorar a empregabilidade das persoas empadroadas en Lalín e facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

En concreto, desenvolverá unha formación de Operario/a de carpintería metálica, que tamén inclúe un curso de prevención de riscos laborais e outro de carretilla elevadora. Ademais, esta formación ofrece a posibilidade de realizar prácticas en empresas, o que permitirá ao alumnado adquirir experiencia real no sector, actualmente en crecemento.
PUBLICIDADE
Esta iniciativa, de carácter presencial, terá unha duración de 50 horas e está previsto que de comezo o próximo 16 de xuño, estendéndose ata o 30 de xuño. O prazo de inscrición xa está aberto e as persoas interesadas en participar poden apuntarse ou solicitar máis información na sede de Cruz Roja (c/ Nuno Eanes de Cercio, 44, Lalín) chamando ao 986 78 25 81 ou a través do correo electrónico lalin@cruzroja.es
PUBLICIDADE
A data límite de inscrición é o 5 de xuño. Esta acción enmárcase dentro do compromiso de Cruz Roja coa mellora da empregabilidade, proporcionando formación práctica e adaptada ás necesidades actuais do mercado laboral.









Comentarios