top of page

Cruces urxe certeza a Naturgy e a Xunta sobre a reanudación da barcaza de Portodemouros

A empresa concesionaria informou de que non realizará os traballos previstos nestas datas debido ao baixo nivel do encoro


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, mostra a súa preocupación tras coñecer que Naturgy pospón sen data concreta a revisión e mantemento da barcaza de Portodemouros.

Segundo trasladou a compañía ao alcalde de Vila de Cruces por vía telefónica, o baixo

caudal actual do encoro impide retirar a barcaza, polo que se adiará a intervención,

posiblemente ata a primeira quincena de novembro, aínda que sen confirmación oficial.

ree

O rexedor lamenta que esta nova decisión manteña a incerteza sobre o futuro inmediato do servizo, e insiste en que a Xunta de Galicia debe garantir a continuidade da conexión en todo momento, dado o seu carácter esencial para a veciñanza.


“Entendemos que as condicións técnicas poden influír nos traballos, pero o que non é admisible é a falta de previsión e de información clara. A barcaza é un servizo básico, non pode quedar á mercé das circunstancias”, subliñou Taboada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello reitera a súa disposición ao diálogo coa Administración autonómica e coa empresa concesionaria, pero esixe unha planificación transparente e estable que permita ás familias e empresas da zona organizar a súa vida con garantías.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page