Cruces realiza actuacións de mellora do camiño que conecta as parroquias de Ollares e Salgueiros
- ecosdacomarca

- hace 12 minutos
- 1 Min. de lectura
O alcalde Luis Taboada e o concelleiro de Vías e Obras, Juan Carlos Rodríguez, visitaron as obras
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces informa dos traballos de mellora na conservación do camiño que une o lugar de Ollares, na parroquia de Ollares, coa parroquia de Salgueiros. A actuación, que tivo un investimento que superou os 90.000 euros, consistiu na mellora e
reforzo da capa de rodaxe do camiño. O alcalde Luis Taboada e o concelleiro de Vías e
Obras, Juan Carlos Rodríguez, visitaron as obras.

O camiño, que conta cunha gran importancia tanto para a veciñanza como para os
agricultores da zona, presentaba sinais de deterioro. Coa intervención, mellorouse e
reforzouse o firme, adaptándoo ao tráfico que soporta.
Publicidade
A actuación non só mellora a calidade das comunicacións na zona, senón que tamén
facilita o acceso a máis de 12 parcelas agrícolas ao longo do trazado do camiño, o que é
fundamental para os veciños.
Publicidade
O goberno municipal sinala que segue comprometido co mantemento e mellora das infraestruturas municipais, co fin de garantir a seguridade de todos os veciños e veciñas.








Comentarios