top of page

Cruces licita a mellora da rodaxe de viais en Sabrexo e na parcelaria Duxame-Insua-Portodemouros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O orzamento base de licitación é de 54.058 euros e o día 25 remata o prazo para que as empresas interesadas presenten ofertas



Consistorio cruceño. Autor: Wikipedia

Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces licita a actuación de mellora da capa de rodaxe de tres camiños na parroquia de Sabrexo e da rede de viais da zona de concentración parcelaria de Duxame-Insua-Portodemouros.


Con este proxecto preténdese mellorar tres camiños existentes na parroquia de Sabrexo mediante a limpeza de cunetas e a construción de firmes de aglomerado en quente e da mellora de varios camiños da parcelaria Duxame, Insua e Portodemouros mediante tamén o desbroce de cunetas e da plataforma dos camiños, limpeza dalgún tramo da cuneta e reparación da plataforma de algún punto do camiño con aportación de zahorra artificial. O prazo de execución é de tres meses.


As persoas interesadas deberán presentar a súas ofertas obrigatoriamente de forma electrónica e única e exclusivamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia ( SILEX). www.conselleriadefacenda.es/silex Teñen de prazo ata o 25 de marzo ás 23:59 horas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page