top of page

Cruces finaliza as obras de renovación da rede de saneamento na rúa do Cine e na estrada de Besexos

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, e o concelleiro de Vías e Obras, Juan Carlos Rodríguez, visitaron onte as obras para comprobar o resultado das actuacións para a renovación da rede de saneamento na rúa do Cine e na estrada de Besexos, que tiñan como principal obxectivo solucionar os problemas de infiltracións detectados en ambas vías.

 PUBLICIDADE

As antigas infraestruturas, compostas por colectores de formigón envellecidos, presentaban fisuras e, para corrixir esta situación, procedeuse a súa substitución por

novas tubaxes de PVC.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con esta intervención, o Concello pretende mellorar o funcionamento da rede de

saneamento, evitar posibles danos en edificacións próximas e garantir un servizo máis

eficiente e fiable para a veciñanza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page